Tuesday 23 de April de 2024

A unidade de Prevención de Condutas Aditivas comeza unha campaña de sensibilización contra o alcohol co apoio do Concello de Padrón


A Unidade de Prevención de Condutas Aditivas de Padrón, Dodro, Rois e Valga pon en marcha unha nova campaña de sensibilización, que comezou na xornada de hoxe e se prolongará ata o vindeiro domingo 15 de novembro, día no que se celebra o Día Mundial Sen Alcohol. Nesta xornada o equipo desta entidade financiada con fondos municipais publicou unha infografía nas redes sociais – https://www.facebook.com/Unidade-de-Prevención-de-Condutas-Adictivas- DodroPadrónRoisValga-100257515041827- para concienciar dos efectos nocivos do alcohol para a saúde.

Ao longo desta semana instalaranse cartéis en espazos públicos e en edificios institucionais coma a Casa do Concello, a Casa da Cultura, o Auditorio Municipal, etc.
Ademais as profesionais desta unidade están impartindo charlas nos centros educativos públicos do concello de Padrón para concienciar aos nenos e nenas do consumo cero de alcohol a súa idade e para abordar outras adicións como poden ser o xogo patolóxico, o consumo de cannabis ou o uso descontrolado de internet e das redes sociais.

O concelleiro de Educación mostrou o seu apoio a estas actividades, “é importante  informar e abordar estes temas cos rapaces e rapazas no marco dos centros educativos posto que é a mellor forma de previr futuras adicións”.